Ela sempre di que non son boas as débedas
(“non quero deber nada a ninguén”)
Rí porque o meu roedor abúrrese acotío sin poder cheirar nin a choiva miudiña
descoñece que, a ela, o seu reloxo non lle permite ver,
e tampouco cavilar.
Máis alá da moeda que fales
toda tí és débeda.
Co teu pai que endexamais foi neno
ca túa nai que vivía coma un roedor e traballaba na casa coma una formiga
con ese rapaz que foi o home
con aqueles demos que te levaron de cabeza
ao paraíso.
Non queres, eh? Pero así é
todo é teu e todo o debes
o aire que move forte as árbores que agochan curuxas vellas
o medo
a vida
e ata o teu nome.
Ela cree que a súa vida é súa.
É unha vida,
e nela todo o debes.